Este venres 28 de setembro ás 19 de Meirás terán que declarar no xulgado de Betanzos logo da denuncia presentada pola familia Franco, en resposta á ocupación simbólica que estas activistas realizaron o 30 de agosto de 2017.
Desde esta web de apoio ás 19 de Meirás facemos un chamamento a todo o pobo galego para que se sume á concentración de apoio que terá lugar o 28 de setembro, ás 10h. diante do xulgado de Betanzos (Praza Irmáns García Naveira).
A súa loita contra o Franquismo e pola recuperación do Pazo de Meirás é unha loita colectiva, é de todas e todos.
Recorda que segue aberto o formulario de adhesións. Se non o fixeches, asina, apoia ás 19 de Meirás.