21 eurodeputad@s e deputad@s de 13 países solidarízanse cos 19 de Meirás

O Manifesto de apoio ás 19 persoas denunciadas pola familia e a Fundación Francisco Franco continúa recibindo apoios nacionais e internacionais. Entre eles están representantes no Parlamento Europeo de trece países e dezanove formacións políticas diferentes.

Encabeza a listaxe a eurodeputada do BNG Ana Miranda e dela fai parte tamén o Vicepresidente do Parlamento Europeo Dimitris Papadimoulis (Siryza – Grecia), a deputada basca Izaskun Bilbao (PNV) ou o eurodeputado de Esquerra Republicana de Catalunya Jordi Solé. A representación de Portugal abranxe tres forzas políticas: Marisa Matías, do Bloco de Esquerda; Joao Ferreira do PCP e Ana Gomes, do gobernante Partido Socialista.

Asinan tamén o manifesto de solidariedade tres representantes da Franza (José Bové e Pascal Duran de Les Verts e Marie-Pierre Vieu da Front de Gauche) e dous de Italia (Barbara Spinelli e Marco Affronte). Completan a listaxe de apoiantes deputados e deputadas da Grecia, de Irlanda, de Flandres, dos Países Cataláns, da Alemaña, do Reino Unido, de España e de Letonia.

Listaxe completa de representantes mo Parlamento Europeo asinantes:

Ana Miranda (BNG – Galiza)
Dimitris Papadimoulis (Siryza – Grecia),Vicepresidente do Parlamento europeo.
José Bové (Les Verts – Franza)
Barbara Spinelli (L’altra Europa – Italia).
Jordi Solé,(ERC – Cataluña)
Martin Schwirdewan (Die Linke – Alemaña)
Martina Andersson (Sinn Féin – Irlanda)
Izaskun Bilbao (EAJ-PNV – Euskal Herria)
Marie-Pierre Vieu (Front de Gauche – Franza)
Bart Staes (Groenen – Flandres)
Stelios Kolouglou (Syriza – Grecia)
Jordi Sebastiá (Compromís – Valencia, Países Cataláns)
Marisa Matías (Bloco de Esquerda – Portugal)
João Ferreira (PCP – Portugal)
Ana Gomes (PS – Portugal)
Pascal Duran (Les Verts – Franza)
Marco Affronte (Independente de ALE-Os Verdes – Italia)
Miroslav Mitrofanovs (Independente de ALE-Os Verdes – Letonia)
Jean Lambert (Greens – Reino Unido)
Miguel Urban (Podemos – España)
Ernest Urtasun (ICV – Cataluña)

Advertisements

Autor: 19 de Meirás

Web de apoio ás 19 persoas imputadas por denunciar o Franquismo en Meirás.